Pedido mínimo 12 unidades

Artesanía e pratos de madeira para polbo en A Estrada

Artesanía de Galicia
PRATOS DE MADEIRA

Artesanía e pratos de madeira para polbo en A Estrada

Experiencia e tradición

Fabricación de pratos de polbo

Torneados y Platos de Madera é unha empresa familiar situada en Riobó, A Estrada (Pontevedra), con máis de 60 anos dedicándonos ao torneado da madeira, en especial nos últimos anos á fabricación de pratos e toda clase de táboas de madeira para polbo, pizzerías, festas gastronómicas, bazares...

  • Taller artesanal.
  • Fabricación propia conseguindo prezos accesibles.
  • Máxima seriedade nos nosos envíos.

Levamos varios anos cun sistema de venda vía internet para chegar mellor ao consumidor final, e tamén engadimos máis artigos relacionados coa cocción, sobre todo do polbo: caldeiras, queimadores, tesoiras, pementeiras, ganchos...

Mira as diversas fotografías distribuídas nesta páxina e pica nelas.

Utensilios de cociña feitos con madeira
Pratos de polbo de madeira
  • Diferentes artigos de Platos de Madera
  • Diferentes artigos de Platos de Madera
  • Diferentes artigos de Platos de Madera
Lectura interesante

A nosa historia

Os comezos do noso taller remóntanse a principios do pasado século, cando a un artesán chamado Manuel Pazos ocorréuselle aproveitar a forza da auga dun muíño de fariña para, por medio dunhas hidráulicas e poleas, facer xirar un torno, no cal se torneaban trompos e billas de barrica para viño e comezounos a comercializar ás poucas tendas próximas de Santiago e os seus arredores.

Foi pasando xeración tras xeración mecanizándose cada vez máis ata chegar aos nosos días onde enviamos artigos de madeira a toda España e ao estranxeiro.

Cos adiantos tecnolóxicos enviámoschos máis fácil que nunca ao teu domicilio comprándoos por internet coa mesma seriedade e seguridade nos nosos envíos os cales se fan nun prazo curto (máximo 9 días, dependendo da cantidade) e se queres máis rapidez podes enviar o teu transporte para recollelo ou directamente visitar o noso taller.

  • Diferentes artículos de Platos de Madera
  • Diferentes artículos de Platos de Madera
  • Diferentes artículos de Platos de Madera
Calidade en madeira

Cómo comprar

Fai clic aquí e envíanos un correo co teu nome e teléfono especificando o artigo que che interesa mediante o número de rexistro. Poñerémonos en contacto contigo o antes posible e enviarémosche un presuposto especificado.

* Pedido mínimo 12 unidades

El titular de la página informa que los datos de este formulario serán tratados para ofrecerle la información solicitada, siendo la base legal del tratamiento el consentimiento otorgado por el usuario. No se cederán datos a terceros. Puede ejercer los derechos como se explica en la Política de Privacidad.

Utensilios de cocina de madera

Ler atentamente

Platos de Galicia non se fai responsable de que os envíos cheguen a unha determinada hora ou día esixida polo cliente, nin tampocuco dos gastos adicionais por non atoparse no domicilio á hora de reparto, en caso contrario envía o teu propio transporte.

Os artigos fabricados son na súa maioría de madeira de piñeiro semilimpa de resinas e con rexistro de laboratorio. O piñeiro é unha madeira de baixo custo e delicada ás inclemencias.

PLATOS DE GALICIA NON SE FAI RESPONSABLE DO SEU MAL USO

Consello sobre madeiras

Ollo coas clases de madeiras, sobre todo co piñeiro. Hai moitas variedades: algunhas máis porosas, outras tóxicas ou que levan colas.

Desconfía das gangas!

Para máis información ou solicitar presuposto dispós dos teléfonos:

986 587 725 e 636 003 891 e do correo electrónico platosgalicia@gmail.com

Non o perdas

Agora se o solicitas, poderás ver como fabricamos o teu produto!

Enviarémosche por WhatsApp uns pequenos vídeos da súa fabricación e poderás seguir o proceso paso a paso.

Por pedidos superiores a 500€ enviámosche un detalle extra.

NON SE ENVÍAN MOSTRAS FÍSICAS. EXCEPTO EN PEDIDOS DE GRANDES CANTIDADES.

Presentes nas festas

Fabricamos pratos de madeira para polbo de primeira calidade

Un dos produtos máis solicitados na nosa empresa de Riobó (A Estrada) son os pratos para polbo. Gracias aos moitos anos de experiencia no sector da artesanía podemos deseñar e fabricar pratos de madeira para polbo en madeira de pino e en forma redonda, cadrada ou rectangular, dependendo do pedido.

Ademáis, tamén ofrecemos os nosos clientes unha amplia variedade de táboas de madeira, táboas de madeira para pizza, grabacións na madeira a láser, cubertería de madeira así como todo tipo de utensilios de inox e cobre para a cocción de polbo.

Saber mais
Para a túa cociña

Amplia variedade de potas industriais

Os utensilios son un dos elementos máis importantes para o bo funcionamente dunha cocina profesional. Por iso, en Torneados y Platos de Madera dispoñemos dunha amplia variedade de potas industriais de diferentes capacidades, ideais para cociñar.

Á hora de fabricar as nosas potas industriais temos en conta cuestións tales como o alimento que se cociñará nelas, a cantidade do mesmo, se a cocción debe ser rápida ou lenta, a durabilidade, etc. Todas estas variables serán valoradas e analizadas co fin de fabricar o mellor produto e que se poda axustar ás necesidades e requerimentos dos clientes.

Saber más