Pedido mínimo 12 unidades

Artesanía e pratos de madeira para polbo en A Estrada

Artesanía de Galicia

Produtos de artesanía e pratos de madeira adaptados a ti

Como mercar

Pratos de madeira, potas industriais...

Se estás interesado nalgún dos nosos produtos, non dubides en poñerte en contacto con nós. Enviámosche un presuposto sen compromiso, onde tes todos os nosos datos e un número de conta ao fondo. Se che interesa fai o ingreso e nun prazo de 9 días (aprox.) recibirálos no teu domicilio sen ningún problema.

Independentemente do lugar no que te atopes e o produto que busques, en Torneados y Platos de Madera adaptámonos totalmente a ti. Os nosos profesionais poderán asesorarte e explicarche todo o que precises saber sobre os produtos dos nosos catálogos así como axudarte a elixir o que mellor se adapta a ti e as túas necesidades.

Todos os nosos produtos son de calidade e con rexistro de laboratorio.

Se queres poñerte en contacto connosco para pedir presuposto, mercar ou aclarar dúbidas de calquera tipo, fai clic aquí.

Por que confiar en Torneados y Platos de Madera?

  • Experiencia. Somos profesionais con moitos anos de experiencia no sector da artesanía e estamos especializados no deseño e fabricación de pratos de madeira para polbo de diferentes formas e tamaños.
  • Calidade. En Torneados y Platos de Madera soamente traballamos con materiais de primeira calidade, sobre todo de madeira de pino semilimpia de resinas e que contan con rexistro de laboratorio.
  • Profesionalidade. Traballamos de forma seria, minuciosa e detallista para garantir a satisfacción dos clientes en cada servizo que levamos a cabo.
  • Rapidez. Dende a confirmación do presuposto personalizado que enviamos, o teu pedido estará listo en aproximadamente 9 días.
  • Prezo. Grazas aos moitos anos de experiencia no sector, contamos cunha importante rede de provedores que nos permite ofrecer unha excelente relación calidade-prezo.
Especialistas na

Fabricación de pratos de madeira na Estrada

Cada cliente ten os seus propios gustos e nós queremos adaptarnos a cada un deles. Para conseguilo, especializámonos na fabricación de todo tipo de produtos de madeira a medida, axustándonos ás exixencias de cada un.

Ofrecemos unha ampla gama de pratos de madeira, táboas de madeira, xogo de cubertos de madeira, etc. polo que atendemos aos gustos e ás necesidades de todos os nosos clientes.

Ademais de poder decidir a forma, o tamaño e o deseño dos seus pratos de madeira, en Torneados y Platos de Madera ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de facer gravacións láser co nome do establecemento, bar ou restaurante.

Especialistas en pratos de madeira

Materias primas de primeira calidade

En Torneados y Platos de Madera queremos garantir a calidade, funcionalidade e durabilidade de cada un dos produtos que deseñamos e fabricamos. Por iso, traballamos con materias primas de primeira calidade.

Desta forma, durante o proceso de fabricación utilizamos a miúdo madeiras de pino semilimpias de resinas así como aceiro inoxidable e cobre de alta calidade. Isto fai que poidamos realizar o produto que precisas e coas especificacións que desexas tanto si é un prato de madeira para polbo, táboas de madeira, cubertos de madeira, etc.

Adaptámonos

Ás exixencias dos nosos clientes

Independentemente do produto que busques, en Torneados y Platos de Madera poderemos levalo a cabo. Grazas aos moitos anos de experiencia no sector e a la alta profesionalidade do noso equipo, podemos adaptarnos ao estilo, gustos e exixencias de cada un dos nosos clientes.

¿Buscas pratos de madeira para servir polbo no teu restaurante? ¿Necesitas unha pota industrial especial para cocer polbo, marisco, cocidos ou potaxes? En Torneados y Platos de Madera temos todo o que precisas.

Pulpeira Galicia, pratos de madeira

¡Solicita presuposto a medida!

En Torneados y Platos de Madera realizamos presupostos totalmente personalizados e a medida. Dependendo da cantidade de produtos que precises ou o tipo de material a utilizar na fabricación, crearemos un presuposto adaptado. Ademais, en pedidos superiores aos 500 euros, enviaremos un regalo extra aos nosos clientes.

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.