Logo Artesanía de Galicia
986 587 725 / 636 003 891 Artesanía e pratos de madeira para polbo en A Estrada
/
CATÁLOGO DE PRODUCTOS

FABRICACIÓN DE PRATOS DE POLBO

Foto Platos de madera

Platos de Galicia é unha empresa familiar situada en Riobó, A Estrada (Pontevedra), con máis de 60 anos dedicándonos ao torneado da madeira, en especial nos últimos anos á fabricación de pratos e toda clase de táboas de madeira para polbo, pizzerías, festas gastronómicas, bazares...

Taller artesanal. Fabricación propia conseguindo prezos accesibles. Máxima seriedade nos nosos envíos.

Levamos varios anos cun sistema de venda vía internet para chegar mellor ao consumidor final, e tamén engadimos máis artigos relacionados coa cocción, sobre todo do polbo: caldeiras, queimadores, tesoiras, pementeiras, ganchos...

Mira as diversas fotografías distribuídas nesta páxina e pica nelas.

CATÁLOGO DE PRODUTOS

LECTURA INTERESANTE

Os comezos do noso taller remóntanse a principios do pasado século, cando a un artesán chamado Manuel Pazos ocorréuselle aproveitar a forza da auga dun muíño de fariña para, por medio dunhas hidráulicas e poleas, facer xirar un torno, no cal se torneaban trompos e billas de barrica para viño e comezounos a comercializar ás poucas tendas próximas de Santiago e os seus arredores.

Foi pasando xeración tras xeración mecanizándose cada vez máis ata chegar aos nosos días onde enviamos artigos de madeira a toda España e ao estranxeiro.

Cos adiantos tecnolóxicos enviámoschos máis fácil que nunca ao teu domicilio comprándoos por internet coa mesma seriedade e seguridade nos nosos envíos os cales se fan nun prazo curto (máximo 9 días, dependendo da cantidade) e se queres máis rapidez podes enviar o teu transporte para recollelo ou directamente visitar o noso taller.

COMO COMPRAR

Fai clic aquí e envíanos un correo co teu nome e teléfono especificando o artigo que che interesa mediante o número de rexistro. Poñerémonos en contacto contigo o antes posible e enviarémosche un presuposto especificado.

LER ATENTAMENTE

Platos de Galicia non se fai responsable de que os envíos cheguen a unha determinada hora ou día esixida polo cliente, nin tampocuco dos gastos adicionais por non atoparse no domicilio á hora de reparto, en caso contrario envía o teu propio transporte.

Os artigos fabricados son na súa maioría de madeira de piñeiro semilimpa de resinas e con rexistro de laboratorio. O piñeiro é unha madeira de baixo custo e delicada ás inclemencias.

PLATOS DE GALICIA NON SE FAI RESPONSABLE DO SEU MAL USO

CONSELLO

Ollo coas clases de madeiras, sobre todo co piñeiro. Hai moitas variedades: algunhas máis porosas, outras tóxicas ou que levan colas.

Desconfía das gangas!

Para máis información ou solicitar presuposto dispós dos teléfonos

986 587 725 e 636 003 891 e do correo electrónico platosgalicia@gmail.com

Agora se o solicitas, poderás ver como fabricamos o teu produto!

Enviarémosche por WhatsApp uns pequenos vídeos da súa fabricación e poderás seguir o proceso paso a paso.

Por pedidos superiores a 500€ enviámosche un detalle extra.

NON SE ENVÍAN MOSTRAS FÍSICAS. EXCEPTO EN PEDIDOS DE GRANDES CANTIDADES.